
O xoves pasado tivemos a sorte de contar no club de lectura coa presenza de
David Rubín, que nos falou polo miúdo da súa
última obra, do proceso de elaboración e distribución. B e mais eu xantamos con el e escoitamos de primeira man e en exclusiva detalles do segundo tomo, de como resolveu esta ou aquela dificultade; incluso nos amosou debuxos, aínda a lapis, que tiña no seu iPad.
A pesar de que fervía por botarlle o ollo e as mans enriba, preferín agardar a decembro, cando saia en papel, para gozar plenamente da obra rematada.
Cando chegamos á casa pola tarde, Dona e Melas recibírono con grandes meneos de rabo e outras mostras de ledicia, coma se fose un habitual; Dona case non se despegou del, apoiou a cabeza no seu xeonllo mentres o miraba con cariña extasiada e estivo pendente en case todo momento dos seus movementos e acenos. Seguro que soubo o especial que era o visitante para nós.
Desde que o coñezo -hai case vinte anos- asistín á súa evolución como artista e persoa e alédame constatar canto medrou e o que conseguiu con esforzo e traballo, con paixón e perseveranza. Así se fan os
heroes.
Etiquetas: Dona, eventos, Melas, ribeira, vida